string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" string(29) "Sat, 16 Feb 13 14:00:00 +0100" string(10) "1361019600" July 2008 « O blog de Xabier P. doCampo
Inicio Bibliografía Enlaces
Blog
Biografía
Contacto
 

Sen dúbida, o acto máis sublime de amor que eu coñezo é contar unha historia.


JULY 2008


July, 2008
COMEZA A SE RODAR UNHA PELÍCULA


Xa é moita a xente que, na altura, sabe que se está a facer unha película baseada na miña novela A casa da luz. É longa historia que comezou hai perto de dez anos e que naceu da miña amizade co produtor X. X. Cabanas Cao, que é moita e vella.

O proxecto, que principiou por se titular O pucheiro de ouro, foi desde o principio o de se converter en película, pero os avatares e o tempo deron nel en novela titulada A casa da luz, editada por Xerais en galego, por Anaya en castelán e por Barcanova en catalán. De aí regresou ao seu comezo, o cinema, e será película baixo a dirección doutro querido amigo, Carlos Amil.

Agora a cousa está tan adiantada que este luns, día 14 de xullo, comeza a rodaxe, que se ha prolongar por sete semanas. Propóñome neste tempo ir contando as miñas observacións da rodaxe e de todo canto a rodea. Quero que por min coñezan vostedes a xente que a fará posíbel, actores e actrices, nomeadamente os seis nenos e nenas (tres e tres) que nela traballan, técnicos e artistas, visitantes... As cousas que pasan, o asombro que me produce este prodixio do cinema, do que alguén dixo que era a máquina dos soños.

Na altura hai moito traballo xa feito, só polo casting para escoller os rapaces pasaron 1.600 nenos e nenas de toda Galicia. Resulta, isto do cinema, unha máquina pesada moi dura de mover.

Como exemplo diso e principio da miña presenza, este pasado venres asistín a o traslado dun barco de considerábeis dimensións desde o porto de Betanzos (si, si, Betanzos ten porto!) (na foto podemos ver o camión subindo a costa da Angustia por diante da igrexa) até Baio, no concello de Zas. Alí ficou instalado en seco (claro que, dado que chovía seguido, sería mellor dicir que ficou en húmido), diante dunha carballeira de tal fermosura que moito lles falarei dela nesta xeira que agora emprendo, á espera do luns, no que se dará o que antigamente se lle chamaba nas rodaxes cinematográficas, a primeira volta de beo.

Agardo por vostedes para seguir a lles contar todo o que vai sucedendo. Até entón, como di o director, Carlos Amil, saúde e películas.



posted by Xabier, July 09, 2008 14:30 | permalink | Xeral

[FIRST]  [PREV]   1 [2]
7 - 7 of 7


Meus pais


O tempo na Coruña / Alvedro


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


blog home



archive
MAY 2017
MARCH 2017
JANUARY 2017
NOVEMBER 2016
OCTOBER 2016
JUNE 2016
APRIL 2016
FEBRUARY 2016
JANUARY 2016
DECEMBER 2015
MAY 2015
MARCH 2015
FEBRUARY 2015
DECEMBER 2014
NOVEMBER 2014
SEPTEMBER 2014
JULY 2014
JUNE 2014
APRIL 2014
MARCH 2014
JANUARY 2014
DECEMBER 2013
MAY 2013
APRIL 2013
MARCH 2013
FEBRUARY 2013
JANUARY 2013
DECEMBER 2012
AUGUST 2012
JUNE 2012
MAY 2012
APRIL 2012
MARCH 2012
FEBRUARY 2012
DECEMBER 2011
OCTOBER 2011
APRIL 2011
MARCH 2011
DECEMBER 2010
NOVEMBER 2010
JULY 2010
JUNE 2010
MAY 2010
FEBRUARY 2010
OCTOBER 2009
JUNE 2009
MAY 2009
APRIL 2009
MARCH 2009
NOVEMBER 2008
SEPTEMBER 2008
AUGUST 2008
JULY 2008
MAY 2008
APRIL 2008
MARCH 2008
FEBRUARY 2008
JANUARY 2008
DECEMBER 2007
NOVEMBER 2007
OCTOBER 2007
SEPTEMBER 2007
MAY 2007
APRIL 2007
MARCH 2007
DECEMBER 2006
NOVEMBER 2006
OCTOBER 2006
SEPTEMBER 2006
JULY 2006
JUNE 2006
MAY 2006
APRIL 2006



:: A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
May 12, 2017
:: Ilusionista Martín Varela. SERENDIPIA
March 05, 2017
:: MIMOSAS un filme de Oliver Laxe
January 06, 2017
:: UNHA LEMBRANZA DAQUEL PRIMEIRO DE ANO DE 1959
November 26, 2016
:: UNHA ÚLTIMA CARTA
November 16, 2016






Diccionario da Real Academia Galega




Mandar a un/unha amigo/a



Para seguir este blog



administrador










| © 2006-2009 Xabier P. DoCampo |